O luns os peluches de cans invadiron as nosas aulas de Infantil e era por unha razón importante: veu o "Club Raza Can de Palleiro" a visitarnos ao colexio. Can de Palleiro é a raza de can autóctona de Galicia.
Primeiro Patricia explicounos os coidados que se lle deben prestar aos cans, como actuar cando nos atopamos con algún can e tamén nos ensinou fotos e vídeos de rutinas que se deben dar: pasealos, darlle de comer, bañalos, deixalos descansar...
Despois fomos ao ximnasio e ali poidemos peitear, poñerlle o colar, darlle de comer e poñer a durmir os nosos peluches.
Pero chegou unha sorpresa moi especial: LOIRA!!!!
Que quen é Loira???? Mirade!
Pois Loira é unha cadela de Palleiro que nos trouxo Iago. Unha cadela moi boa e que deixou que a acariciásemos.
Moitas gracias ao clube Can de Palleiro, pola visita e explicacións.
E unha vez que tiñamos os peluches no colexio pois...
Puxémolos ao sol! |
Paseámolos |
Pasámolo moi ben!
Ningún comentario:
Publicar un comentario