Esta semana @s peques de 3 e 4 anos xuntáronse varias sesións para facer relaxación e aprender a calmarse, prestar atención, etc.
Colocámosnos en roda, ben sentadiños na postura da ra para estar cómodos e apagamos as luces. Empezamos.
Atent@s ao reloxo de area! Facemos respiracións conscientes mentres o reloxo vai baixando.
E despois repartíronnos lacasitos, un para cada un e fixemos unha proposta moi complicada: poñer o lacasito na lingua e esperar a que baixase o reloxo de area sen comelo. A algún peque costóulle aguantar o impulso, pero fixérono moi ben.
E tamén traballamos a atención cun xogo onde hai varios obxectos debaixo dunha tela e hai que fixarse moito porque a profe vai ir quitando un e hai que saber cal.
Estámolo facendo cada vez mellor, así que seguiremos practicando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario