mércores, 12 de decembro de 2018

PIRÁMIDE DE ALIMENTOS


O pasado martes veu ao noso colexio Alba, unha monitora da Escola Galega de Consumo para falarnos da alimentación saudable. Primeiro collemos cada un unha tarxeta dun alimento e contámoslle aos demais como nos gustaba comer ese alimento.


Despois presentóunos a pirámide dos alimentos e fixemos un xogo onde tiñamos que colocar os nosos alimentos no lugar que lle correspondía.



Falamos de que hai uns alimentos máis saudables ca outros, aprendemos palabras tan difíciles como "hidratos de carbono" e que debemos beber moita auga, facer moito exercicio físico, comer froita e verdura 5 veces ao día e non comer moitas gominolas e doces...


O noso agradecemento a Alba e a Escola Galega de Consumo por organizar este tipo de actividades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario