mércores, 12 de decembro de 2018

SORPRESA EN 3 ANOS: A que sabe a lúa!


Os peques de 3 anos e a súa titora Ángeles invitáronos á súa aula porque tiñan unha sorpresa moi especial. A profe repartiu entre os nenos e nenas varios animais...


Eran as personaxes do conto que tanto nos gusta, " A que sabe a lúa". Empezamos! Estamos moi atentos e atentas para saber canto nos toca saír e así axudar aos animais a tocar a lúa!! 




E ao final conseguiron chegar a lúa e o rato arrincoulle un cacho e probouna! A que saberá? Doce, salgado...?  E se a probamos nós tamén? Está moi alta claro, pero a profe tróuxonos unha pequeniña lúa para probar. 



Para algúns estaba rica (que ata querían repetir) anque para outr@s a lúa non é moi apetecible. O que sí...canto disfrutamos!! 
Gracias compis!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario