xoves, 28 de novembro de 2019

Viaxe a Laponia

Onte xuntámonos toda a rapazada de infantil. Primeiro a profe Mónica leunos o conto "Sueños de nieve". O protagonista deste conto é Papá Noel. Emocionámonos falando do Nadal. 
  Despois a profe Jéssica contounos e ensinounos fotos da súa viaxe a Laponia finlandesa. Escoitamos moi atent@s as aventuras desta viaxe: montou en trineo tirado por huskies, acariñou a varios renos, veu como pescaban peixes no xeo e .......visitou a Papá Noel. Alí chámanlle Joulupukki. Ensinounos un vídeo onde aparecía a súa casa na que vive con Mamá Noel. Uaaaauuuuuu. Tamén nos ensinou unha taza de resina onde toman caldos e zumes quentes porque alí ía moito, moito frío. Por iso ía ben abrigadiña.


Grazas Jéssica por compartir con nós esta viaxe tan alucinante. Se volves, lévasnos na maleta?

Artistadas

Aula de 5 anos

Os nomes d@s cociñeir@s

Aula de 4 anos

Que cor podes crear?

Aula de 5 anos

Minimundos

Aula de 4 anos

Número anterior e posterior

Lanzamos o dado e escribimos: o número que nos saiu, o anterior e o posterior.
 Aula de 5 anos

mércores, 27 de novembro de 2019

Carabuñas e un espello

Lemos o conto de Carabuñas que ao final danos un consello: hai que mirarse de cando en vez nun espello! E eso fixemos!
Mirámonos e fomos dicindo que partes do corpo viamos. Centrámonos no nariz!
Tocamos o noso e o dos nosos compañeiros. Tocamos o espello co nariz, que frío! E despois cerramos a boca e botamos aire polo nariz e... empañamos o espello!
Aula de 3 anos

Novos títulos

Despois da lectura do conto "O libro dos porcos" inventamos e escribimos novos títulos.
Aula de 4 anos

Lecturas que fomentan a igualdade


Reparto de froita

Despois de dúas semanas nas que nos viñeron repartir ao cole froita fresca e non a demos comido toda, decidimos repartila entre todos e todas pero tivemos que comprobar se nos chegaba para todos...
E as mazás e mandarinas chegaban, así que a rapazada de 3 anos onte levos as súas pezas de froita para a casa.


Minimundos




Aula de 4 anos

luns, 25 de novembro de 2019

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller


Autorretratos

Pois si que quedaron ben bonitos todos xuntos pendurados do teito.
Aula de 5 anos

Canto mides?

Aula de 5 anos

Cabaza, cabaciña

Na aula temos un montón de cabazas e primeiro comparámolas por fóra. Témolas grandes, pequenas, laranxas, verdes, brancas, redondas, alongadas, lisas e con "granitos". E por dentro? Que haberá?
Fixemos un barrido de ideas e despois abrímola para poder comprobalo. Ulímola e mans á obra... A sacarlle as sementes!!Fixérono moi ben, aínda que a algúns e algunhas cativas dáballe repelús o contacto!
 Aula de 3 anos

Arco da vella


Aula de 5 anos

Bandexas

Alfombra, bandexa e...concentración a tope!!! 
A alfombra permítenos delimitar o espazo e manter o material recollido. Ás veces queremos estar sós/soas e outras veces en parella.
 Aula de 5 anos

xoves, 21 de novembro de 2019

O baúl dos medos

Lectura do conto "Fiz o coleccionista de medos". Conversa sobre a que lle temos medo. Escritura e debuxo dos nosos medos para introducir neste baúl tan chuli.

 Aula de 4 anos

Tortitas

Escribimos a lista da compra para facer tortitas de chocolate.
Aula de 5 anos

A receita: texto instrutivo

Continuamos traballando as propiedades do texto e do sistema de escritura coas seguintes actividades: buscamos e subliñamos algúns dos ingredientes; identificamos o título (tipo de letra, tamaño); escribimos a listaxe de ingredientes que empregamos para facer magdalenas.


Aula de 4 anos

Minimundos

Aula de 4 anos

Relaxación cun globo

Hoxe estivemos facendo un xogo de relaxación para favorecer a volta á calma despois dun recreo que o tempo nos permitiu disfrutar fóra.
Primeiro pasamos o globo de forma rápida varias veces e fixemos unha lista das cousas que poideran apreciar.
 Logo fixemos o mesmo pero dunha forma moito máis relaxada e lenta e fixándonos nos detalles. A lista era moito máis amplia e ata puidemos correxir as cousas que nos parecera ver pero en realidade non estaban.
Que atentos e atentas estaban. Seguiremos practicando e xogando!
Aula de 3 anos

Cadrante do 100

Que emoción!! Conseguimos colocar tódolos números do cadrante do 100.
 Aula de 5 anos


Copos de neve

Aula de 4 anos

Brochetas de froita

Riquísima merenda saudable elaboramos e degustamos o alumnado de infantil.
Mirade, mirade!!



Tamén xogamos, "que froita falta?"

64 CASTAÑAS!!!!

Resolvemos o reto: no tarro había 64 castañas. Na aula de 5 anos lemos tódalas respostas e fixemos o reconto.
Sentimos dicir que ninguén acertou. As hipóteses que máis se achegaron foron a do profe Antón (64) e a de Érika e Carlota de 5 anos (65).
Grazas por participar. Estate atent@s que haberá máis retos.



Manifestámonos!

Na aula de 5 anos decidimos transmitirlle as nosas queixas a un grupo de alumn@s de primaria xa que levaban varios días molestándonos no patio. Para iso elaboramos uns cartaces que levamos colgados cos que reivindicamos o noso dereito a xogar en tranquilidade.

mércores, 20 de novembro de 2019

Partida de uno

Aula de 5 anos

Actividades a partir do conto "Feliz cumpleaños, Mauro"

O conto que nos veu ler a mamá de Iván trataba dun oso que estaba de cumpreanos e lle regalaban un carriño de médico e ata tiveron que usar vendas porque Mauro caeu e doíalle unha perna. Pois alá imos! Primeiro buscamos na nosa biblioteca de aula libros onde aparezan partes do corpo. Aproveitamos para presentar o índice da enciclopedia, o número da páxina e despois de lelos usamos vendas en distintas partes do corpo.

Aula de 3 anos

Deliciosas magdalenas!

Onte preparamos unhas deliciosas magdalenas na aula de 4 anos. Gústannos os talleres de cociña pero aínda nos gusta máis contar con persoas convidadas. Onte acompañáronnos a mamá de Aimar, Olalla, e a tía de Dora e Erea, Sandra.
Despois de ler a receita e revisar que non faltara ningún ingrediente, puxémonos mans á obra. 
Nas fotos podedes ver o resultado porque para probalas, xa chegades tarde. Só deixamos as faragullas. Como dixo unha nena mentres comía a súa magdalena "está infinito rico". No próximo taller, bulide para non quedar sen a proba. Iso si, reservamos algunhas para convidar aos compis de 3 e 5 anos, e a algúns mestres e mestras... 
Grazas Sandra e Olalla por acompañarnos neste taller. Grazas Sandra por ensinarnos a cantar o OM.