mércores, 20 de novembro de 2019

Deliciosas magdalenas!

Onte preparamos unhas deliciosas magdalenas na aula de 4 anos. Gústannos os talleres de cociña pero aínda nos gusta máis contar con persoas convidadas. Onte acompañáronnos a mamá de Aimar, Olalla, e a tía de Dora e Erea, Sandra.
Despois de ler a receita e revisar que non faltara ningún ingrediente, puxémonos mans á obra. 
Nas fotos podedes ver o resultado porque para probalas, xa chegades tarde. Só deixamos as faragullas. Como dixo unha nena mentres comía a súa magdalena "está infinito rico". No próximo taller, bulide para non quedar sen a proba. Iso si, reservamos algunhas para convidar aos compis de 3 e 5 anos, e a algúns mestres e mestras... 
Grazas Sandra e Olalla por acompañarnos neste taller. Grazas Sandra por ensinarnos a cantar o OM.





Ningún comentario:

Publicar un comentario