mércores, 27 de novembro de 2019

Carabuñas e un espello

Lemos o conto de Carabuñas que ao final danos un consello: hai que mirarse de cando en vez nun espello! E eso fixemos!
Mirámonos e fomos dicindo que partes do corpo viamos. Centrámonos no nariz!
Tocamos o noso e o dos nosos compañeiros. Tocamos o espello co nariz, que frío! E despois cerramos a boca e botamos aire polo nariz e... empañamos o espello!
Aula de 3 anos

Ningún comentario:

Publicar un comentario