xoves, 28 de novembro de 2019

Viaxe a Laponia

Onte xuntámonos toda a rapazada de infantil. Primeiro a profe Mónica leunos o conto "Sueños de nieve". O protagonista deste conto é Papá Noel. Emocionámonos falando do Nadal. 
  Despois a profe Jéssica contounos e ensinounos fotos da súa viaxe a Laponia finlandesa. Escoitamos moi atent@s as aventuras desta viaxe: montou en trineo tirado por huskies, acariñou a varios renos, veu como pescaban peixes no xeo e .......visitou a Papá Noel. Alí chámanlle Joulupukki. Ensinounos un vídeo onde aparecía a súa casa na que vive con Mamá Noel. Uaaaauuuuuu. Tamén nos ensinou unha taza de resina onde toman caldos e zumes quentes porque alí ía moito, moito frío. Por iso ía ben abrigadiña.


Grazas Jéssica por compartir con nós esta viaxe tan alucinante. Se volves, lévasnos na maleta?

Ningún comentario:

Publicar un comentario