xoves, 7 de novembro de 2019

Bloques Lóxicos

Despois de manipular e experimentar libremente cos bloques lóxicos na aula, onte falamos dos seus atributos (cor, forma, tamaño e grosor). Observamos as tarxetas e identificamos o atributo que representa cada unha delas (en positivo e negativo). Finalmente xogamos: coloca sobre a tarxeta un bloque que teña ese atributo; deste grupo, cal deles contén os catro atributos que indican as tarxetas?; cos ollos pechados, eres capaz de descubrir que forma falta?

Aula de 5 anos

Ningún comentario:

Publicar un comentario