Con Teresa e Pepe visitamos aquela casa tan antiga que aínda conservaba a lareira. Ensináronnos tres muíños diferentes, un de manivela e dous eléctricos. Pero o que máis nos sorprendeu foi ver a Teresa moer o millo coas mans. Como bulía!
Tamén nos ensinaron as cebolas que enrrestraran. Que ben campaban alí colgadas! E tiñan dous cans que se achegaban a nós para que os acariñaramos.
Grazas Teresa e Pepe por acollernos tan ben!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario