mércores, 14 de novembro de 2018

REMATAMOS O TALLER DE ESPUMA DE AFEITAR

En 3 anos estes venres pasados tivemos talleres de experiencias onde poidemos volver a experimentar coa espuma e fixemos varias actividades. 

Aproveitamos para despedirnos do Samaín facendo unhas pantasmas ou monstruos chulísimos
Como a espuma é de cor branca disfrutamos facendo un xogo de clasificación de obxectos segundo a cor. Fixémolo xenial!


E noutra sesión no noso baúl das sorpresas viñan dúas cores (azul e amarelo) e probamos a mezclar as dúas cores e ver que pasaba. Alá fomos e...

SORPRESA! Saiunos a cor verde!!! Que emoción ver o que conseguimos! 

E estes peques cando viron as súas formas plasmadas nas cartulinas dixeron: Profes, o monstruo verde!!!  Pois si, acordábanse do conto que lemos  nunha sesión..

FUERA DE AQUÍ, HORRIBLE MONSTRUO VERDE! 

Seguiremos experimentando...😃

Ningún comentario:

Publicar un comentario