mércores, 14 de novembro de 2018

SAIU O SOL E APROVEITÁMOLO!

Pois si, despois de varios días de temporal saiu o sol ☀☀☀☀ e en Infantil non o pensamos e aproveitamos para saír a dar un paseo, camiñar cos nosos e nosas compañeir@s e de paso achegarnos á Froitaría/Supermercado Luz, que está moi cerquiña do colexio. 

Cando chegamos á froitaría entramos e estivemos vendo as froitas que alí vendían e os compañeir@s de 5 anos compraron naranxas para facer zume ao día seguinte. 

Como nos portamos tan ben tivemos dúas sorpresas: primeiro un cachiño de pan quente e despois Luz repartiunos unha piruleta a cada un. Moitas gracias!!!!!


E o camiño tamén nos deparou varias sorpresas...

...atopamos a avoa e a mamá de Aarón


...atopamos plantas e setas


Canto nos gustan estes roteiros!!! Ademais de aprender educación vial, pois tamén disfrutamos da natureza, do pracer de camiñar, de compartir tempo e actividades cos nosos compañeir@s...Unha actividade moi completa! Repetiremos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario