mércores, 12 de decembro de 2018

CAN DE PALLEIRO VEU A VISITARNOS!

O luns os peluches de cans invadiron as nosas aulas de Infantil e era por unha razón importante: veu o "Club Raza Can de Palleiro" a visitarnos ao colexio. Can de Palleiro é a raza de can autóctona de Galicia.


Primeiro Patricia explicounos os coidados que se lle deben prestar aos cans, como actuar cando nos atopamos con algún can e tamén nos ensinou fotos e vídeos de rutinas que se deben dar: pasealos, darlle de comer, bañalos, deixalos descansar...
Despois fomos ao ximnasio e ali poidemos peitear, poñerlle o colar, darlle de comer e poñer a durmir os nosos peluches.




Pero chegou unha sorpresa moi especial: LOIRA!!!!
Que quen é Loira???? Mirade!


Pois Loira é unha cadela de Palleiro que nos trouxo Iago. Unha cadela moi boa e que deixou que a acariciásemos. 






Moitas gracias ao clube Can de Palleiro, pola visita e explicacións.

E unha vez que tiñamos os peluches no colexio pois...

Puxémolos ao sol!


Paseámolos


Pasámolo moi ben! 

PIRÁMIDE DE ALIMENTOS


O pasado martes veu ao noso colexio Alba, unha monitora da Escola Galega de Consumo para falarnos da alimentación saudable. Primeiro collemos cada un unha tarxeta dun alimento e contámoslle aos demais como nos gustaba comer ese alimento.


Despois presentóunos a pirámide dos alimentos e fixemos un xogo onde tiñamos que colocar os nosos alimentos no lugar que lle correspondía.



Falamos de que hai uns alimentos máis saudables ca outros, aprendemos palabras tan difíciles como "hidratos de carbono" e que debemos beber moita auga, facer moito exercicio físico, comer froita e verdura 5 veces ao día e non comer moitas gominolas e doces...


O noso agradecemento a Alba e a Escola Galega de Consumo por organizar este tipo de actividades.

A FUNCIÓN VAI COMEZAR! E comezou na clase de 5 anos!!

O luns pasado volvemos a xuntarnos as tres aulas de Infantil para facer os nosos talleres conxuntos. Desta vez subimos á aula de 5 anos para ver como os nos@s compis representaban dúas obras de teatro.


A primeira foi "A min non me comas" que é un conto que nos representaron as familias no Samaín e que nos gusta moito! 


A segunda obra foi "A bruxa regañadentes"  que fixeron moi ben. 


SORPRESA EN 3 ANOS: A que sabe a lúa!


Os peques de 3 anos e a súa titora Ángeles invitáronos á súa aula porque tiñan unha sorpresa moi especial. A profe repartiu entre os nenos e nenas varios animais...


Eran as personaxes do conto que tanto nos gusta, " A que sabe a lúa". Empezamos! Estamos moi atentos e atentas para saber canto nos toca saír e así axudar aos animais a tocar a lúa!! 




E ao final conseguiron chegar a lúa e o rato arrincoulle un cacho e probouna! A que saberá? Doce, salgado...?  E se a probamos nós tamén? Está moi alta claro, pero a profe tróuxonos unha pequeniña lúa para probar. 



Para algúns estaba rica (que ata querían repetir) anque para outr@s a lúa non é moi apetecible. O que sí...canto disfrutamos!! 
Gracias compis!!! 

luns, 3 de decembro de 2018

SESIÓNS DE RELAXACIÓN

Esta semana @s peques de 3 e 4 anos xuntáronse varias sesións para facer relaxación e aprender a calmarse, prestar atención, etc.

 Colocámosnos en roda, ben sentadiños na postura da ra para estar cómodos e apagamos as luces. Empezamos.
Atent@s ao reloxo de area! Facemos respiracións conscientes mentres o reloxo vai baixando. 

E despois repartíronnos lacasitos, un para cada un e fixemos unha proposta moi complicada: poñer o lacasito na lingua e esperar a que baixase o reloxo de area sen comelo. A algún peque costóulle aguantar o impulso, pero fixérono moi ben. 


E tamén traballamos a atención cun xogo onde hai varios obxectos debaixo dunha tela e hai que fixarse moito porque a profe vai ir quitando un e hai que saber cal. 
Estámolo facendo cada vez mellor, así que seguiremos practicando.

AQUILES O PUNTIÑO


Este conto de "Aquiles o puntiño" foi o protagonista do taller do venres pasado en 3 anos. Aquiles foise formando a partir dun puntiño case transparente que apareceu nun folio branco e que se foi convertindo nun puntiño azul e ese puntiño azul nun ollo. E a partir de ahí fíxose medrar as diferentes partes do corpo. 


Despois de facer un xogo para ver a quen lle tocaba saír, pois collemos papel continuo e fixemos o contorno do corpo dun dos nosos peques. Que ben o fixo e que atent@s estaban tod@s os demais! 

Unha vez feito o contorno, faltábanlle cousas, así que...MANS Á OBRA! Debuxámoslle os ollos, a nariz, a boca, as orellas e o pelo e colocamos cada tarxeta onde correspondía. 





E aínda nos quedaba unha sorpresa: unha caixa misteriosa na cal para poder sacar o que había dentro había que tapar os ollos! Que divertido! 

E que había na caixa? 
Pois uns calcetíns, unhas manoplas, un cepillo de dente, un peite, uns bastoncillos, un paquete de pañuelos e unha gafas de sol. E como non, puxémoslle cada cousa no seu sitio.


E se collemos uns rotuladores? 😃
 Pois boa idea! A pintar!!! 🖍️

E para rematar....🎵 música e baile


Premede  aquí e podedes bailar e cantar na casa a canción da formiguiña titulada "Fun ao mercado"

martes, 27 de novembro de 2018

SAÍDA CONTRA A VIOLENCIA


Este luns pasado en Educación Infantil fixemos unha saída para conmemorar o seguinte día:


  • 25 de novembro: Día Internacional de la Eliminación de la violencia contra la mujer. Se premedes aquí tedes máis información sobre este día.

DÁMOSLLE A ESPALDA Á VIOLENCIA!



Queremos máis aloumiños, caricias, amor, bicos, apertas...❤️💚💜💛

OS PEQUES DE 3 ANOS E AS PARTES DA CARA

O pasado venres seguimos cos talleres en 3 anos, e desta vez traballamos as partes da cara e para eso repartimos varias tarxetas das partes da cara pola clase e tiñamos que estar moi moi atent@s porque cando oiran unha parte da cara había que sinalalo rapidamente. Que difícil, pero que ben nos ía saíndo! 



Cantas risas! E serviunos para profundizar a precisión, o equilibrio, as cores, a atención, as partes da cara, a respetar as regras dun xogo...Que ben o fixemos que ata lle ganamos ás profes!! 🙂

Por último tiñamos uns puzzles moi especiais...eramos todos nós!!! E saímos a buscar cada un o noso! 

MOI BEN PEQUES!!!!!👍


luns, 19 de novembro de 2018

MONSTRUO VERDE E OS PEQUES DE 3 ANOS!

O pasado venres seguimos cos talleres en 3 anos, e desta vez traballamos as partes da cara e para eso repartimos varias tarxetas das partes da cara pola clase e tiñamos que estar moi moi atent@s porque cando oiran unha parte da cara había que sinalalo rapidamente. Que difícil, pero que ben nos ía saíndo! 



Cantas risas! E serviunos para profundizar a precisión, o equilibrio, as cores, a atención, as partes da cara, a respetar as regras dun xogo...Que ben o fixemos que ata lle ganamos ás profes!! 🙂

Por último tiñamos uns puzzles moi especiais...eramos todos nós!!! E saímos a buscar cada un o noso! 

MOI BEN PEQUES!!!!!👍


E HOXE FIXEMOS ZUMBA!!!!

Pois en Educación Infantil seguimos coa nosa idea de facer os obradoiros conxuntos, de movernos e compartir momentos únicos cos nosos e nosas compañeir@s e por eso fixemos este luns...


...ZUMBA!! Sí, sí, ZUMBA!! Mirade...


Pero que o vídeo non vos leve a engano, que non fomos só espectadores, pero ao principio o profe Javi, Carmiña, Debora, Elena e algúns e algunhas compañeir@s de 3º e de 6º ensináronnos como se facía. E fixérono moi ben! Pero nós tamén queríamos bailar, así que todos e todas arriba!


E veña a bailar e bailar...🎵🎵🎵🎵







E como bailamos moito, pasámolo moi ben e foi unha actividade moi divertida pois agradecémosllo moito a Javi cun agasallo que esperemos lle fixera moita ilusión! Gracias Carmiña, mamás, compañeir@s e ao profe Javi. 


mércores, 14 de novembro de 2018

REMATAMOS O TALLER DE ESPUMA DE AFEITAR

En 3 anos estes venres pasados tivemos talleres de experiencias onde poidemos volver a experimentar coa espuma e fixemos varias actividades. 

Aproveitamos para despedirnos do Samaín facendo unhas pantasmas ou monstruos chulísimos
Como a espuma é de cor branca disfrutamos facendo un xogo de clasificación de obxectos segundo a cor. Fixémolo xenial!


E noutra sesión no noso baúl das sorpresas viñan dúas cores (azul e amarelo) e probamos a mezclar as dúas cores e ver que pasaba. Alá fomos e...

SORPRESA! Saiunos a cor verde!!! Que emoción ver o que conseguimos! 

E estes peques cando viron as súas formas plasmadas nas cartulinas dixeron: Profes, o monstruo verde!!!  Pois si, acordábanse do conto que lemos  nunha sesión..

FUERA DE AQUÍ, HORRIBLE MONSTRUO VERDE! 

Seguiremos experimentando...😃