venres, 28 de febreiro de 2020

Visita de Super Rosalía

Quedamos coa boca aberta ao ver aquela muller tan alta entrar na clase de 3 anos. Tivo que agacharse moito porque a porta éralle ben pequena. Contounos que era unha Super Heroína e que lle encantaba Rosalía de Castro. Preguntounos se sabiamos quen era Rosalía, onde nacera, onde morrera, se coñeciamos algun poema dela...e ata nos cantou "Negra Sombra" un poema de Rosalía que canta Luz Casal. Regalounos marcapáxinas e contounos que mañá, día 29, hai un "Festival Rosalía" na praza de Cervantes, en Santiago. A Super heroína vai estar alí e tamén haberá concertos, teatro... Se queredes vela de novo achegádevos ao festival!


Seguimos traballando o nome

 
Aula de 3 anos

Tesouros que traen da casa

Hoxe apareceron varios nenos e nenas con cousiñas que querían ensinarnos. E canto dan de sí!

 Noela trouxo un bolso que nos serviu para repasar partes do bolso, conceptos de dentro-fóra, contamos para que serven as cousas que viñan no bolso, cores, texturas...
Noa trouxo un reloxo e comparámolo co que temos na aula... En que se parece e en que se diferencia?
E Dorotea traía números pintados nas mans e na cara. Serviunos para identificar partes do corpo, contar, cantar a canción dos números...


Momentos especiais na aula de 3 anos.


Cumpleaños de Noela

O pasado venres 21 tiñamos a festa do Entroido no cole, pero na aula de 3 anos celebramos tamén o cumple de Noela, que cumpriu 4 anos. Felicidades pequecha! E para esta data tan importante contamos con Mónica, a mamá de Noela.
 Veunos ler "Topito Terremoto" que nos encantou e despois cantamos a canción de "A figueira de Pelostortos" e "Corre, corre cabaciña". Canto bailamos!!
 
 E despois a cantar, soprar as velas e comer!!

 Gracias mami pola experiencia!
Aula de 3 anos

Minimundos

Aula de 4 anos

sábado, 22 de febreiro de 2020

Festa do Entroido

Onte tivemos a gran festa do Entroido no cole. O patio encheuse de deportistas: atletas, baloncestistas, tenistas, ximnastas... Nós preparamos toda a equipación para ir na procura de neve: esquís, bastóns, gafas...pero nin rastro de neve, mais ben pasamos calor!!
Despois de desfilar, xogar cuns xogos de madeira ben chulos, bailar, chegou a merendola. Deliciosas as orellas, filloas, rosquillas...
E por último, cantámoslle as coplas ao Meco e queimámolo.
Grazas familias por vir disfrutar esta festa con nós.









mércores, 19 de febreiro de 2020

3ª Orde do Meco


Corrémolo Entroido

Dende Laza chegan unha chea de peliqueir@s dando saltos para que se escoiten as súas chocas.






Seguimos celebrando o Antroido

En 3 anos estamos facendo un recuncho do Antroido! Seguen chegando cousiñas...
 
 Canto o están disfrutando!
 E temos novas bandexas e xogos!


 E hoxe xogamos con serpentinas. Pasárono xenial!


 

Regletas

Xogamos coas regletas. Mete a man no saco e colle a regleta máis grande. Comprobamos sacando a outra, "era máis grande que a outra?". "Agora busca algunha regleta que poidamos colocar no medio delas dúas. Ten que ser máis grande que a rosa e máis pequena que a marrón"
Aula de 5 anos

Baralla

Hoxe practicamos a retroconta e ordenamos as cartas da baralla de maior a menor.
 Aula de 5 anos

Movemento




Cantas boliñas terá o colar?

Estimamos "cantas boliñas pensades que ten o colar? Escribimos as respostas e a contar. Tivemos que contar ata 147!!!
 Aula de 5 anos

Cabezudos case rematados



Aula de 4 anos