O pasado domingo foi o Día da Candeloria. Dise que a partir deste día comeza a época do casamento dos paxaros, como di o refrán, "a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa". Aproveitamos para falar sobre aves (cales coñecemos?, cantan todas igual?...)
O escritor e ilustrador Séchu Sende fixo estas chulísimas postais nas que aparecen: o carrizo, o paporrubio, a curuxa, o corvo... Están pintadas con acuarelas e cada postal leva un poema.
Nós tamén fixemos as nosas. Mirade!!
Aula de 4 anos
Ningún comentario:
Publicar un comentario