luns, 10 de febreiro de 2020

Cousiñas da casa

Os peques de 3 anos traen xoguetes e cousiñas da casa para ensinarnos a todos e todas e canto nos gustan!
E tamén veu un ovo azul!! É un ovo moi especial porque é o primeiro ovo dunha galiña que foi incubada o ano pasado no noso colexio e que foi para a casa de Nicolás e Dani.

Tamén nos leu "Cocorico" que é un éxito asegurado e aproveitamos para facer actividade de conteo con ovos de xoguete.
Aula de 3 anos

Ningún comentario:

Publicar un comentario