Onte apareceu unha caixa enorme na biblioteca do cole onde viaxaban dous carpinteiros, Serrucho e Martelo, acompañados dos Bolechas. Moito rimos con eles!! E tamén bailamos e cantamos "Somos Serrucho e Martelo, carpinteiros con moito pelo, nunha caixa viaxamos con anhelo, polo mundo, mundo enteiro".
E antes de volverse meter na caixa e marchar a outra parte do mundo repartiron un agasallo para cada nen@, o novo libro desta familia que tanto nos gusta "Os Bolechas fan cousas de madeira".
Ningún comentario:
Publicar un comentario