venres, 28 de febreiro de 2020

Visita de Super Rosalía

Quedamos coa boca aberta ao ver aquela muller tan alta entrar na clase de 3 anos. Tivo que agacharse moito porque a porta éralle ben pequena. Contounos que era unha Super Heroína e que lle encantaba Rosalía de Castro. Preguntounos se sabiamos quen era Rosalía, onde nacera, onde morrera, se coñeciamos algun poema dela...e ata nos cantou "Negra Sombra" un poema de Rosalía que canta Luz Casal. Regalounos marcapáxinas e contounos que mañá, día 29, hai un "Festival Rosalía" na praza de Cervantes, en Santiago. A Super heroína vai estar alí e tamén haberá concertos, teatro... Se queredes vela de novo achegádevos ao festival!


Ningún comentario:

Publicar un comentario