sábado, 22 de febreiro de 2020

Festa do Entroido

Onte tivemos a gran festa do Entroido no cole. O patio encheuse de deportistas: atletas, baloncestistas, tenistas, ximnastas... Nós preparamos toda a equipación para ir na procura de neve: esquís, bastóns, gafas...pero nin rastro de neve, mais ben pasamos calor!!
Despois de desfilar, xogar cuns xogos de madeira ben chulos, bailar, chegou a merendola. Deliciosas as orellas, filloas, rosquillas...
E por último, cantámoslle as coplas ao Meco e queimámolo.
Grazas familias por vir disfrutar esta festa con nós.









Ningún comentario:

Publicar un comentario