venres, 14 de febreiro de 2020

Antroido en 3 anos

Estamos no mes do antroido e ímolo celebrar. Estamos elaborando un recuncho sobre esta festa con accesorios das casiñas dos nosos peques.




E Lois tróuxonos unha diadema e formouse un debate: eran de oso ou de rato?
 Buscamos exemplos en internet e parecéusenos moito máis a dun oso e aproveitamos para ler "Los tres osos".
 Ademais o mércores a profe Lorena falounos dos traxes máis típicos do Entroido galego. E despois aproveitamos para elixir o animal que queremos levar no nosos disfraz de peliqueiros e peliqueiras e aproveitamos para traballar as letras dos nosos nomes, porque escollemos o animal e había que gardar a imaxe no ordenador e para saber de quen era.

E onte xoves tivemos un taller con familias onde fixemos comadres e compadres. Ensineilles un boneco e pregunteilles que era?
Despois vimos algúns exemplos e mans á obra...
 

Quedaron preciosos! Gracias pola colaboración familias!

Ningún comentario:

Publicar un comentario