Este pasado venres 26 de outubro no noso colexio vivimos unha xornada de convivencia onde nos xuntamos toda a comunidade educativa (familias, profesorado e alumnado) para un acto de solidaridade coa ong @unoentrecienmil na loita contra a leucemia infantil, na cal fixemos unha carreira solidaria.
Foi unha xornada intensa onde tod@s puxemos o noso gran de area para que todo saise perfecto, tal e como saiu, e onde IMAXON fixo un despliegue importante para que a carreira fose máis lucida. Gracias a tod@s!!!
A carreira fíxose dun xeito escalonado, onde primeiro sairon os de 5º e 6º de Educación Primaria, despois 3º e 4º e para finalizar sairon os de 1º e 2º e Educación Infantil e as familias.
E tivemos a visita da TVG que nos fixo unha reportaxe para o programa "A Revista" onde entrevistaron a Pedro, o director do colexio, a unhas alumnas e a Elena, unha mamá de alumnas de Educación Infantil. Se queredes ver a reportaxe pulsa no seguinte enlace (aparece a partir do minuto 4:01)
Foi unha experiencia solidaria moi bonita e esperamos que moi útil e quedámosnos cunha frase dunha mamá cando estabamos correndo: " Estas cousas están moi ben, tiñamos que facer máis".
Tomamos nota e moitas gracias a todos e cada un de vós que fixo posible esta carreira.