Pois este venres 26 de outubro a aula de 3 anos levou a cabo un taller de experiencias e desta vez usamos un material que case todos temos pola casa como é a espuma de afeitar! Preparámosnos cos nosos mandilóns, tiramos un pouquiño de espuma na mesa diante de cada nen@ e como se pode ver, uns xa nos tiramos a xogar con ela, mentras outr@s ao principio actuamos con máis cautela. 😊
Pero xogar coa espuma parecía tan divertido que prontiño caemos tod@s na tentación de extendela, xogar con ela, debuxar e garabatear nela!! Foi xenial ver como disfrutaban! E esa era unha das principais condicións: disfrutar e pasalo moi ben!
Ningún comentario:
Publicar un comentario