Este pasado martes tivemos dúas visitas de seres da natureza da man do profe Antón e de dous alumnos de 3º de Educación Primaria.
Na primeira visita veu o profe Antón cunha lupa de observación, e os peques xa saben que cando o profe vén polas aulas con estes aparellos...algo novo e interesante vamos a aprender, así que ...acercámonos e ...
UNHA CANTARUXA OU CARRICANTA!!
Estivemos observándoa e despois na hora do recreo deixámola libre na nosa horta.
E a segunda visita veu da mán de Mateo e Pablo de 3º de Educación Primaria e a súa profe María Jesús e trouxéronnos dous ourizos cachos.
Estes mamíferos insectívoros apareceron na casa de Mateo e pensaron que sería boa idea traelos ao colexio, investigar sobre eles e despois ilos ensinando polas clases, e que boa idea tiveron! Contáronnos que poden comer froita, verdura e que lle gustan moito os insectos, pero que non lle sentan nada ben a sandía, a piña, uvas ou alimentos con lactosa.
Despois de que viramos tod@s @s alumn@s do colexio os dous ourizos cachos volveron a deixalos en liberdade, posto que non son animais de compañía e é onde deben estar.
Moitas gracias por estes momentos tan especiais e cheos de entusiasmo para os nosos peques!
Ningún comentario:
Publicar un comentario