Hoxe na sesión de talleres conxuntos de Educación Infantil veu a mamá de Manuel a contarnos uns contos. O primeiro conto titulábase "OSO QUIERE VOLAR" e poidemos coller unha pluma de cores cada un, como facía o oso no conto. Que bonito!
Despois poidemos escoitar un conto que non pode faltar en ningunha aula de infantil porque a pesar de lerllo e contarllo varias veces, sempre están dispostos a volver a disfrutar coas andainas da toupiña. Estamos falando de "A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA" . É un clásico que nos ten fascinad@s!!! Marabilloso!
Gracias Ana, foi un pracer gozar desta experiencia, e desde o equipo de infantil encántanos que as familias vos involucredes na vida das aulas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario