O pasado venres 5 de outubro na aula de 4 anos tivemos unha visita moi especial. María tróuxonos á súa mascota, unha cadela preciosa chamada Moli, ou "Mochi". Moli viña con collar pero ao chegar á xunta nós María sacóullo e púxose a investigar a nosa aula, aos nenos e nenas... e poidemos acariciala, tocala e ata paseala co collar e coa axuda de María. Estaban moi emocionados e emocionadas!!!
Pero a María tamén lle dou tempo a contarnos cousiñas sobre Moli. Díxonos que tiña 11 anos, que a súa mamá se chamaba Coca, que lle gusta xogar a que lle tiren unha pelotiña e ir a buscala, que dorme con María (pero que non ronca jaja), que come pienso, que quen a baña é o papá de María pero que María axuda a paseala.
Foi unha experiencia moi bonita. Gracias María!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario