O pasado mércores 24 de outubro o alumnado de Educación Infantil fomos facer unha visita guiada ao aeroporto de Santiago de Compostela, que o temos ao ladiño do colexio e onde temos moitos familiares alí traballando. Alfonso explicounos durante a visita todo o que estabamos vendo e visitando, e tamén nos identificou cunha pegatina para poder pasar.
Tivemos a sorte de poder estar na torre de control e para poder subir fixémolo nun ascensor transparente que nos encantou e tivemos que subir ata o piso número 7!! Que altos e altas estabamos!!! Alí poidemos ver despegar un avión. Que emoción!
Despois fomos andando ata a terminal e alí poidemos pasar polo control, onde tod@s tivemos que sacar as chaquetas e metelas nunha bandexa!! Explicáronnos un montón de cousas e estamos moi agradecidos tanto a Alfonso como a Elena (mamá de Alma e Mencía) e a Débora (mamá de Xoana) por acompañarnos nesta visitiña tan especial!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario