O pasado martes, 2 de outubro, volvemos a xuntarnos as tres aulas de Educación Infantil para que a profe Lorena nos contara a súa viaxe por África durante este verán pasado. Se recordades o proxecto anual do centro do curso pasado foi África, polo que tiña moita significatividade para nós.
Ela estivo en Mozambique e visitou a escola de Lifidzi, onde @s nen@s e os profes a acolleron e lle abriron as súas portas para compartir distintos momentos e experiencias. Lorena levóulle canicas, unha comba, rotuladores, debuxos da súa clase de 4 anos e ela veu cunha carta destes nen@s dirixida aos seus alumn@s. Tamén bailaron varias cancións (Lorena ensinóulles a cantar e bailar unha canción xa moi coñecida por nós: "Indo eu a caminho de Viseu").
Serviunos para comprobar as enormes diferencias que hai á hora de ir á escola entre un/unha pequech@ de Galicia e un/unha pequech@ de Mozambique.
Tamén nos ensinou vídeos e fotos do safari que fixo (onde puido ver un elefante, impalas e ata un león) e do mercado que visitou.
Cantas cousas aprendemos !! Gracias profe Lorena!
Ningún comentario:
Publicar un comentario