luns, 1 de outubro de 2018

A NOSA PRIMEIRA SAÍDA!!!

O pasado luns día 1 de outubro o alumnado de Educación Infantil fixemos a nosa primeira saída escolar. Fomos visitar o Parque da Alameda, unha actividade organizada polo Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela (CIPX). Consistiu nunha visita guiada onde unha guía deste Centro citado nos estivo ensinando o Parque da Alameda e onde puidemos ver algúns dos  lugares máis significativos deste lugar. 
Poidemos ver, saudar e tocar ás Dúas Marías, que tamén son chamadas as "Dúas en punto" e que foi onde dou comezo a nosa visita. Despois fomos ver os patos e o cisne negro que hai, para logo subir ao palco da música.



Vimos a fonte do ollo na cal había cágados, os eucaliptos centenarios, tocamos pétalos de rosas...e tamén cantamos "Adiós rios, adiós fontes" diante da escultura de Rosalía de Castro e abrazamos e tocamos a de Valle-Inclán.



Foi un pracer visitar e coñecer máis un parque tan especial como é o Parque da Alameda!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario