domingo, 28 de outubro de 2018

IV EDICIÓN DE LA VUELTA AL COLE CONTRA LA LEUCEMIA INFANTIL


Este pasado venres 26 de outubro no noso colexio vivimos unha xornada de convivencia onde nos xuntamos toda a comunidade educativa (familias, profesorado e alumnado) para un acto de solidaridade coa ong @unoentrecienmil na loita contra a leucemia infantil, na cal fixemos unha carreira solidaria. 
Foi unha xornada intensa onde tod@s puxemos o noso gran de area para que todo saise perfecto, tal e como saiu, e onde IMAXON fixo un despliegue importante para que a carreira fose máis lucida. Gracias a tod@s!!!

A carreira fíxose dun xeito escalonado, onde primeiro sairon os de 5º e 6º de Educación Primaria, despois 3º e 4º e para finalizar sairon os de 1º e 2º e Educación Infantil e as familias. 

E tivemos a visita da TVG que nos fixo unha reportaxe para o programa "A Revista" onde entrevistaron a Pedro, o director do colexio, a unhas alumnas e a Elena, unha mamá de alumnas de Educación Infantil. Se queredes ver a reportaxe pulsa no seguinte enlace (aparece a partir do  minuto 4:01)



Foi unha experiencia solidaria moi bonita e esperamos que moi útil e quedámosnos cunha frase dunha mamá cando estabamos correndo: " Estas cousas están moi ben, tiñamos que facer máis". 
Tomamos nota e moitas gracias a todos e cada un de vós que fixo posible esta carreira. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario