Este luns, día 8 no taller conxunto de Educación Infantil fixemos un roteiro polos arredores da escola.
Alá vamos!! |
Puxemos as nosas gorras, fixemos parellas e collemos unhas bolsas para ir gardando as cousiñas de outono que nos atoparamos no camiño! E xa estabamos preparad@s!!
Apañamos follas, landras, paus, piñas...que de seguro encontraremos actividades que facer con elas nas nosas aulas. Escoitamos paxaros e ata coincidimos cun montón de peregrin@s, aos cales lles desexamos "bo camiño".
O que fomos atopando... |
Foi unha boa experiencia para ir aprendendo a disfrutar da natureza e de camiñar ao aire libre! Seguro repitiremos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario